Non foi sencillo de todo encontrar o principio da ruta, que nos colamos nun cruce, tendo que recurrir ó gps do móvil, pero de segundas estábamos no sitio sin percance.
O inicio e nunha aldea moi coidada e restaurada, que a verdade me acordei do que dixo a muller do reverendo Playfair, alá en Inisfree, sobre a casa de Sean Thornton, que todas as de Irlanda deberían lucir así, pois todas as aldeas de Galicia debían de lucir mínimo así.
A ruta foi sencilla una única ascensión ata o que debía ser o monte mais alto de toda a contorna, ruta homologada por tanto ben sinalizada, o mantemento das senalizacións sin ser deficientes podía ser mellor, eso si.
Atopamos una enorme área recreativa onde as penas de rodas, que ten todas as papeletas de converterse no noso destino para a ruta do churrasco do ano que ven, con unha mesa cuberta para que non pase o que este ano, e unha novidade agradable, que e que ten auga corrente, que se agradece.
Logo percorremos casas e aldeas moi ben restauradas, que a verdade é que chamaban a atención. Ó remate fomos ver a casa museo de Manuel María no seu Outeiro de Rei natal, vimos o documental que lle fixeron na galega polo día das letras galegas que lle adicaron, e logo percorremos as estancias da casa, cun guía que nos foi contando un pouco a vida e obra do gran Manuel María, a verdade é que estivemos moi a gusto. Logo comimos tranquilos coma sempre, me afirmaron así categoricamente que as empanadas non levan salsa de tomate, cousas do interior será, en Xove levan salsa de tomate, dou fe. E nada outro domingo diferente en boa compañía e esperando a seguinte ruta despois do encontró asturgalaico, que será na miña terra, onde lle botamos salsa de tomate ás empanadas.
Juan A. Fernández Vazquez
Powered by Wikiloc